Moitos nenos e nenas precisan mellorar a súa caligrafía pero ás veces resúltalles difícil, isto pode ser por varios motivos, mais a desmotivación e o aburimento adoitan ser o motivo principal. A parte dos cadernos Rubio de toda a vida, descubrín hai pouco, estes novos cadernos de caligrafía, non tan enfocados a comezar a escribir mais sí que poden ser un recurso para traballar a grafía dun xeito máis divertido e motivante en nenos e nenas máis maiores que arrastran problemas dende cativos/as, ou para aprender novas técnicas e lettering, unha técnica divertida e outro enfoque de escritura para todos e todas.
Benvidos á páxina web do Departamento de Orientación do CEIP Xoaquín Loriga de Prado, CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio e CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón
Ningún comentario:
Publicar un comentario