A web Educapeques achéganos unha infografía que resume o método kaizen para motivar aos cativos/a realizar tarefas en pouco tempo, o que habitualmente chamamos retos. Pode ser divertido! Clicade na imaxe para máis información.
Benvidos á páxina web do Departamento de Orientación do CEIP Xoaquín Loriga de Prado, CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio e CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón
Amosando publicacións coa etiqueta Familias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Familias b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 18 de xuño de 2020
luns, 15 de xuño de 2020
Axudas ás familias con nenos/as de ata 12 anos para a conciliación (Bono Coidado Extraordinario)
Dende o 13 de xuño e ata o 13 de xullo de 2020, na sede electrónica da Xunta de Galicia, pódese solicitar as Axudas ás familias con nenos/as de ata 12 anos para a conciliación na situación xerada pola covid-19 a través do programa Bono Coidado Extraordinario.
Estas axudas van dirixidas a:
- Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio
- Contratación (ou ampliación de contrato) laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos cativos/as.
- Pasar a situación de excedencia por coidado dos fillos/as, ou redución de xornad
Requisitos:
- Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado extraordinario os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
- Ter unha nena ou un neno nacida/ou con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.
- Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.
- Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraíndo o prorrateo da paga extraordinaria se ha houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 euros ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 euros per cápita.
- Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para tramitala e para solicitar e obter máis información clicade na imaxe:
martes, 9 de xuño de 2020
PAUTAS EDUCATIVAS PARA AS FAMILIAS
Bo día familias:
Achégovos un bo recurso de familiaycole, onde podedes atopar folletos con pautas básicas cos cativos e cativas que poden axudar na crianza e evitar problemas no futuro. Penso que sería boa idea botarlle un ollo, xa que ás veces non é doado controlar a conduta dos nosos nenos/as aínda que cada caso é individual, e debe analizarse e traballarse adaptándonos ás características dos pequenos, non está de máis ter unhas pautas xerais de intervención.
xoves, 4 de xuño de 2020
MERCERÍA LA MODERNA EN CARBALLIÑO
Dende os tres centros que atende o Departamento queremos dar grazas á Mercería LA MODERNA en Carballiño por donar desinteresadamente marcarillas solidarias para todos os nenos e nenas e mestres dos tres centros. Estamos moi agradecidos!!
mércores, 3 de xuño de 2020
DECÁLOGO PARA UN CONFINAMENTO DIXITAL SAUDABLE EN FAMILIA
Neste tempo de confinamento o uso de pantallas adoita ser un problema no noso día dia. Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas propoñen un decálogo para regular de xeito razonable este uso. Botádelle un ollo clicando na imaxe
luns, 1 de xuño de 2020
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS CONCILIACIÓN XUNTA DE GALICIA
A Xunta de Galicia estableceu unhas novas medidas para a conciliación familiar derivadas da situación de confinamento, polo que, segundo indican, as familias con nenos/as de ata 12 anos poderán solicitar unha axuda de 500 euros ao mes mentres os centros estean pechados. Tamén para a atención á dependencia. Estaremos atentos aos campamentos de verán para ver cando se reanudan. Clicade na imaxe para máis información.
venres, 29 de maio de 2020
VIDEO CONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL. EDITORIAL SM
No canal de Youtube de SM podedes atopar video contos para os mais cativos en castelán e en inglés, tamén contos clásicos, lectoescritura e relixion. Pinchade na imaxe para acceder.
xoves, 28 de maio de 2020
GUÍA PARA FAMILIAS DE 0 A 3 ANOS.¿QUE PODEMOS FACER NESTA CORENTENA?
Dentro do Portal de Educa Madrid o equipo de Orientación Educativa e pedagóxica de atención Temperá de San Fernando de Coslada elaborou esta guia con orientacións para familais durante o confinammento, onde atoparedes actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos que poden ser interesantes para estes dìas que se fan tan longos. Coma sempre, clicade na imaxe para descargar o recurso.
xoves, 21 de maio de 2020
TÉCNICAS PARA TRABALLAR O ENFADO E A RABIA NOS CATIVOS E CATIVAS
Educapeques achega unhas técnicas de control condutual para os nenos e nenas cando están enfadados ou sinten rabia, comezando por identificar as súas emocións e continuando por xogos e vídeos que poden axudar a traballar este aspecto.
mércores, 20 de maio de 2020
TARRO CONTRA O ABURRIMENTO
Nestes días de confinamento, e pasando tanto tempo pechados na casa, acabanse as ideas para facer cos cativos tantas horas.
Achégovos a idea de "Imagenes Educativas", que podedes seguir no seu instagram, de elaborar un tarro con actividades para cando os pequenos/as estean aburridos ou xa non saiban que facer. Pode ser un bo recurso para ocupar o tempo e traballar moitos aspectos de xeito lúdico. Pinchando na imaxe podedes ver a explicación de como facelo, mais na rede tedes moitos recursos coa mesma idea.
luns, 18 de maio de 2020
RECURSOS PARA PASAR TEMPO NA CASA PARA FAMILIAS CON ALUMNADO TEA.
A Confederación de Autismo España, elaborou un documento con numerosos enlaces e recursos para pasar tempo na casa co alumnado con TEA. Recoméndovos que lle botedes un ollo, pode ser interesante.
Ánimo familias!
venres, 15 de maio de 2020
CADERNOS DE DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA. CONZENTRATE
Os Autores Ana Sánchez Centeno
Celia Palomo Marín
Alberto Hidalgo Domínguez
(Maestros de PT especialistas en TGC)
Esther Molina Torres
(Orientadora especialista en TGC) elaboraron uns cadernos con actividades en familia con actividades que poden ser interesantes para tod@s.
sábado, 9 de maio de 2020
martes, 28 de abril de 2020
TODO IRÁ BEN. FORZA CONTRA O COVID-19
Dende os tres centros que atende o Departamento de Orientación, queremos mandarvos moitos ánimos e forza para tod@s, pronto volveremos a vernos!
luns, 27 de abril de 2020
martes, 21 de abril de 2020
domingo, 19 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
10 CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA COIDARNOS NO COVID-19
Dende o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia achegan estos 10 CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA COIDARNOS NA EMERXENCIA SANITARIA POLO CORONAVIRUS. Botádelle un ollo!!
luns, 23 de marzo de 2020
venres, 20 de marzo de 2020
RECOÑECEMENTO DO GRAO DE DISCAPACIDADE
Moitas veces, aparecen moitas dúbidas á hora de solicitar unha discapacidade ou onde acudir. O máis recomendable é directamente a través da sede electrónica.
A Consellería de Política Social ofrece información de cómo e onde solicitala. Podedes pinchar na imaxe para saber máis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















