Amosando publicacións coa etiqueta Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

MÉTODOS NON TRADICIONAIS DE APRENDIZAXE DE LECTOESCRITURA E CÁLCULO

Moitas veces aos pequenos cústalles arrancar a ler ou escribir, resulta unha tarefa difícil e moi desmotivante para moitos deles....cada caso cómpre analizalo individualmente, mais o método que elixamos para ensinar aos cativos a ler, escribir ou calcular é decisivo á hora de aprender, xa que non todos os nenos se adaptan a un método, cómpre analizar varias alternativas e moitas veces combinalas para acadar un bo resultado e motivar ao alumnado.
Este artigo de Educapeques trata este tema e os distintos métodos de aprendizaxe que podemos utilizar.

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO.... ADAPTADO

Feliz día do libro a tod@s!

Agardo que aproveitedes o confinamento para ler un pouco cos cativos/as. O repertorio de lectura que podemos atopar é inmenso e moitos son dignos de mencionar, mais neste caso quero falarvos de libros adaptados con pictogramas ou apoios visuais que poden animar ao alumnado con necesidades á lectura ou a escoitala e seguila. Déixovos algunhas coleccións que poden ser interesantes segundo as capacidades dos nosos nenos/as.

                    





xoves, 9 de abril de 2020

CONTO: "El libro negro de los colores"

Bo día!

Hoxe tráiovos un libro que me parece moi interesante descubrir: "El libro negro de los colores" de Menena Cottin a partir dos 3 anos.


Con este título tan paradoxo achegámonos ao mundo do alumnado e das persoas con limitacións visuais dun xeito lúdico e emocional. Sen dúbida unha boa proposta para cativos e maiores.