Amosando publicacións coa etiqueta Audición e Linguaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Audición e Linguaxe. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de maio de 2019

Concienca robo-fonolóxica


Este ano, no centro estivemos a traballar con algún robot e, por suposto, non queríamos deixar pasar a oportunidade de presentalos na clase de 5º e 6º de Educación Infantil. Levamos aos nosos amigos "M" e "Blue" para que nos botaran unha man para a adquisición de diferentes fonemas: /r/, /s/, /z/, /f/... e moito outros máis! Queredes ver en que consistían algunhas das actividades? Pois aquí vos queda un vídeo-resumo!




martes, 2 de abril de 2019

Light it up blue!

Ou dito doutra maneira, tíngueo todo de azul! E iso foi o que fixemos co alumnado no recuncho Snoezlen na aula de Audición e Linguaxe para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Estas son algunhas imaxes:




sábado, 16 de febreiro de 2019

O recuncho Snoezlen de AL

A aula de Audición e Linguaxe (AL) é un espazo no que o alumnado con dificultades de orixe comunicativo e/ou lingüístico desenvolve o seu traballo. 

Para o presente curso escolar pretendeuse realizar algún cambio coa intención de facer máis atractivas as sesións. Para iso, reestruturouse a aula creando diferentes recunchos de actividade. Un deles é o recuncho Snoezlen, un espazo destinado á experiencia multisensorial que pretende favorecer a relaxación e a sensación de libertade. 

Neste espazo o alumnado realiza experiencias libres a través da vista (con diferentes luces), do olfato (con diferentes ambientadores ou velas), do tacto (con texturas diversas) ou mesmo do oído. Este é un dos momentos nos que se aproveita para realizar certas actividades de discriminación auditiva ou fonolóxica cos máis pequenos. 

Pero como unha imaxe é mellor que mil palabras, aquí vos quedan unhas cantas fotografías do espazo multisensorial do noso centro. Agardamos que vos guste tanto como lle está a gustar ao alumnado!