Amosando publicacións coa etiqueta Reforzo educativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reforzo educativo. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

MÉTODOS NON TRADICIONAIS DE APRENDIZAXE DE LECTOESCRITURA E CÁLCULO

Moitas veces aos pequenos cústalles arrancar a ler ou escribir, resulta unha tarefa difícil e moi desmotivante para moitos deles....cada caso cómpre analizalo individualmente, mais o método que elixamos para ensinar aos cativos a ler, escribir ou calcular é decisivo á hora de aprender, xa que non todos os nenos se adaptan a un método, cómpre analizar varias alternativas e moitas veces combinalas para acadar un bo resultado e motivar ao alumnado.
Este artigo de Educapeques trata este tema e os distintos métodos de aprendizaxe que podemos utilizar.

mércores, 17 de xuño de 2020

XOGO PARA MELLORAR A ORTOGRAFÍA

Un dos comentarios máis extendidos sobre as dificultades do alumnado son as faltas de ortografía. Déixovos o enlace a un xogo ortográfico que pode ser útil e divertido para traballar este aspecto. O obxectivo e escoller entre dúas opcións a que teña a ortografía correcta. Anímovos a probalo clicando na imaxe.


martes, 16 de xuño de 2020

CADERNOS DE VERÁN DE REPASO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

O CEIP ENRIQUE IGLESIAS GARCÍA, achéganos uns cadernos de repaso en lingua castelá, matemáticas, ciencias e inglés para todos os cursos da Educación Primaria, e de xeito lúdico e divertido repasar os contidos traballados. Clicade na imaxe para acceder a eles.

martes, 2 de xuño de 2020

CREACIÓN DE FOLLAS DE EXERCICIOS DE COPIA PERSONALIZADOS


mcLibre.org achéganos este recurso que pode ser interesante para traballar a caligrafía de xeito máis motivador, xa que poderemos crear follas de copias co texto e a temática que queramos, adaptándonos así as necesidades e motivacións dos nenos/as. Agardo sexa interesante. Coma sempre, clicade na imaxe para acceder ao recurso.

mércores, 27 de maio de 2020

CADERNOS DESCARGABLES DE MATEMÁTICAS DIVERTIDAS. Editorial Dylar

A Editorial DYLAR, achéganos uns cadernos de matemáticas divertidas para o alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria para traballar na casa nestes días de confinamento, están enfocados para desenvolver o razoamento lóxico e o cálculo mental. O solucionario podedes solicitalo a través dun formulario á editorial.

1º CURSO: Cálculo de restas sen levadas. Problemas de sumas e restas sen levadas.

2º CURSO: Cálculo e problemas de sumas e restas combinadas.


3º CURSO: Cálculo de multiplicacións ata 3 cifras. Problemas de 4 operacións

4º CURSO: Cálculo e problemas de sumas e restas con expresións decimais.

5º CURSO: Cálculo e problemas de iniciación a fraccións


6º CURSO: Medidas, unidades de superficie. Áreas de figuras planas.

martes, 26 de maio de 2020

SEN TEACHER. Recursos para reforzar distintas áreas editables

Nesta páxina podedes atopar moitos recursos gratuitos para imprimir que podedes editar previamente. A páxina está en inglés, mais na parte baixa de todo podedes cambiar o idioma. Agardo que vos sexa de axuda.


xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO.... ADAPTADO

Feliz día do libro a tod@s!

Agardo que aproveitedes o confinamento para ler un pouco cos cativos/as. O repertorio de lectura que podemos atopar é inmenso e moitos son dignos de mencionar, mais neste caso quero falarvos de libros adaptados con pictogramas ou apoios visuais que poden animar ao alumnado con necesidades á lectura ou a escoitala e seguila. Déixovos algunhas coleccións que poden ser interesantes segundo as capacidades dos nosos nenos/as.

                    





mércores, 22 de abril de 2020

RECURSOS EDUCATIVOS: PICTOEDUCA

Bo día,
Hoxe tráiovos unha páxina que me parece moi interesante como recurso para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, nesta páxina podedes atopar videos, pictogramas, imaxes e multitude de recursos para apoiar contidos ou crealos se queredes. Pode ser interesente tanto para mestres/as como para familias.

venres, 17 de abril de 2020

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES BÁSICAS

Este Programa foi elaborado por Benito García Peinado, e consiste en 4 cadernos de distintos niveis de dificultade para desenvolver áreas como:

  • Discriminación visual
  • Atención
  • Memoria
  • Conceptualización (Conceptos básicos)
  • Lateralidade
  • Esquema corporal
  • Percepción espacio-temporal
  • Creatividade
  • Expresión oral
  • Grafomotricidade
  • Recoñecemento de fonemas e grafías
  • Iniciación ao concepto de números
Estes cadernos están enfocados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ou para reforzar contidos co alumnado de infantil ou primaria. As indicacións son priorizar os materiais manipulativos ante o papel escrito co noso alumnado, mais non son exluíntes nos casos de que o alumnado poida realizalos. Déixovos os enlaces aos materiais.

                      

                  


 

mércores, 15 de abril de 2020

CADERNOS DE REPASO E TAREFAS PARA CASA - CORENTENA CORONAVIRUS

A Editorial A Calesa pon a disposición de todo o alumnado uns cadernilllos de repaso para toda a educación primaria e secundaria, neles trabállase a ortografía, a lectura comprensiva, a expresión escrita, as matemáticas e o cálculo ABN. Coido que pode ser interesante como actividades de reforzo educativo neste tempo de confinamento. Moito ánimo a tod@s!
EDUCACIÓN PRIMARIA
                                           
                                        



EDUCACIÓN SECUNDARIA

                                                 
                                                 


martes, 14 de abril de 2020

DISORTOGRAFÍA

Un eterno problema que preocupa moito a pais, nais e mestres/as son as FALTAS DE ORTOGRAFÍA. 
Para escribir correctamente son necesarias unha serie de aprendizaxes, entre outras, as regras de correspondencia entre fonemas e grafemas, diferenciando aqui entre a ortografía natural (baseada na ruta fonolóxica), a ortografía arbitraria (baseada na ruta léxica) e o coñecemento das normas ortográficas  que regulan a escritura, ortografía reglada.
A meirande parte dos nenos/as aprenden a escribir nos primeiros anos de escolaridade, mais se pasado un tempo e tras moito esforzo, continúan presentando erros ortográficos, dificultades gramaticais e/ou problemas coa claridade ou organización da expresión escrita, pode existir un “trastorno específico da aprendizaxe”, “con dificultades da expresión escrita” 315.2 (F81.81) (DSM-5, pág. 67). 
Toda esta información e máis, podedes atopala no protocolo da Xunta de Galicia, que fai pouco sacou para dar unha resposta educativa e guiar a avaliación deste alumnado.


E como recurso para traballala quería recomendarvos uns cadernos que me parecen moi interesantes e que poden axudar a corrixir ou axudar ao alumnado para mellorar a ortografía, son da editorial Yalte e poden ser interesantes...botádelle un ollo