xoves, 4 de xuño de 2020

MERCERÍA LA MODERNA EN CARBALLIÑO


Dende os tres centros que atende o Departamento queremos dar grazas á Mercería LA MODERNA en Carballiño por donar desinteresadamente marcarillas solidarias para todos os nenos e nenas e mestres dos tres centros. Estamos moi agradecidos!!




mércores, 3 de xuño de 2020

DECÁLOGO PARA UN CONFINAMENTO DIXITAL SAUDABLE EN FAMILIA


Neste tempo de confinamento o uso de pantallas adoita ser un problema no noso día dia. Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas propoñen un decálogo para regular de xeito razonable este uso. Botádelle un ollo clicando na imaxe

martes, 2 de xuño de 2020

CREACIÓN DE FOLLAS DE EXERCICIOS DE COPIA PERSONALIZADOS


mcLibre.org achéganos este recurso que pode ser interesante para traballar a caligrafía de xeito máis motivador, xa que poderemos crear follas de copias co texto e a temática que queramos, adaptándonos así as necesidades e motivacións dos nenos/as. Agardo sexa interesante. Coma sempre, clicade na imaxe para acceder ao recurso.

luns, 1 de xuño de 2020

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS CONCILIACIÓN XUNTA DE GALICIA


A Xunta de Galicia estableceu unhas novas medidas para a conciliación familiar derivadas da situación de confinamento, polo que, segundo indican, as familias con nenos/as de ata 12 anos poderán solicitar unha axuda de 500 euros ao mes mentres os centros estean pechados. Tamén para a atención á dependencia. Estaremos atentos aos campamentos de verán para ver cando se reanudan. Clicade na imaxe para máis información.

venres, 29 de maio de 2020

VIDEO CONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL. EDITORIAL SM



No canal de Youtube de SM podedes atopar video contos para os mais cativos en castelán e en inglés, tamén contos clásicos, lectoescritura e relixion. Pinchade na imaxe para acceder.

xoves, 28 de maio de 2020

GUÍA PARA FAMILIAS DE 0 A 3 ANOS.¿QUE PODEMOS FACER NESTA CORENTENA?



Dentro do Portal de Educa Madrid o equipo de Orientación Educativa e pedagóxica de atención Temperá de San Fernando de Coslada elaborou esta guia con orientacións para familais durante o confinammento, onde atoparedes actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos que poden ser interesantes para estes dìas que se fan tan longos. Coma sempre, clicade na imaxe para descargar o recurso.

mércores, 27 de maio de 2020

CADERNOS DESCARGABLES DE MATEMÁTICAS DIVERTIDAS. Editorial Dylar

A Editorial DYLAR, achéganos uns cadernos de matemáticas divertidas para o alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria para traballar na casa nestes días de confinamento, están enfocados para desenvolver o razoamento lóxico e o cálculo mental. O solucionario podedes solicitalo a través dun formulario á editorial.

1º CURSO: Cálculo de restas sen levadas. Problemas de sumas e restas sen levadas.

2º CURSO: Cálculo e problemas de sumas e restas combinadas.


3º CURSO: Cálculo de multiplicacións ata 3 cifras. Problemas de 4 operacións

4º CURSO: Cálculo e problemas de sumas e restas con expresións decimais.

5º CURSO: Cálculo e problemas de iniciación a fraccións


6º CURSO: Medidas, unidades de superficie. Áreas de figuras planas.

martes, 26 de maio de 2020

SEN TEACHER. Recursos para reforzar distintas áreas editables

Nesta páxina podedes atopar moitos recursos gratuitos para imprimir que podedes editar previamente. A páxina está en inglés, mais na parte baixa de todo podedes cambiar o idioma. Agardo que vos sexa de axuda.


luns, 25 de maio de 2020

INCLUSIÓN DIXITAL PARA ACNEAE

Achégovos esta páxina de Milagros Rubio Pulido con multitude de recursos para favorecer a inclusión dixital do alumnado con Acneae, pode ser interesante tanto para familias como para o profesorado.
Bo día!