luns, 15 de xuño de 2020

Axudas ás familias con nenos/as de ata 12 anos para a conciliación (Bono Coidado Extraordinario)

Dende o 13 de xuño e ata o 13 de xullo de 2020, na sede electrónica da Xunta de Galicia, pódese solicitar as Axudas ás familias con nenos/as de ata 12 anos para a conciliación na situación xerada pola covid-19 a través do programa Bono Coidado Extraordinario.
Estas axudas van dirixidas a:
  • Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio
  • Contratación (ou ampliación de contrato) laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos cativos/as.
  • Pasar a situación de excedencia por coidado dos fillos/as, ou redución de xornad
Requisitos:
  1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado extraordinario os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
    1. Ter unha nena ou un neno nacida/ou con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.
    2. Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.
    3. Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraíndo o prorrateo da paga extraordinaria se ha houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 euros ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 euros per cápita.
  2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para tramitala e para solicitar e obter máis información clicade na imaxe:









Ningún comentario:

Publicar un comentario