venres, 19 de xuño de 2020

MÉTODOS NON TRADICIONAIS DE APRENDIZAXE DE LECTOESCRITURA E CÁLCULO

Moitas veces aos pequenos cústalles arrancar a ler ou escribir, resulta unha tarefa difícil e moi desmotivante para moitos deles....cada caso cómpre analizalo individualmente, mais o método que elixamos para ensinar aos cativos a ler, escribir ou calcular é decisivo á hora de aprender, xa que non todos os nenos se adaptan a un método, cómpre analizar varias alternativas e moitas veces combinalas para acadar un bo resultado e motivar ao alumnado.
Este artigo de Educapeques trata este tema e os distintos métodos de aprendizaxe que podemos utilizar.

xoves, 18 de xuño de 2020

MÉTODO KAIZEN

A web Educapeques achéganos unha infografía que resume o método kaizen para motivar aos cativos/a realizar tarefas en pouco tempo, o que habitualmente chamamos retos. Pode ser divertido! Clicade na imaxe para máis información.

mércores, 17 de xuño de 2020

XOGO PARA MELLORAR A ORTOGRAFÍA

Un dos comentarios máis extendidos sobre as dificultades do alumnado son as faltas de ortografía. Déixovos o enlace a un xogo ortográfico que pode ser útil e divertido para traballar este aspecto. O obxectivo e escoller entre dúas opcións a que teña a ortografía correcta. Anímovos a probalo clicando na imaxe.


martes, 16 de xuño de 2020

CADERNOS DE VERÁN DE REPASO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

O CEIP ENRIQUE IGLESIAS GARCÍA, achéganos uns cadernos de repaso en lingua castelá, matemáticas, ciencias e inglés para todos os cursos da Educación Primaria, e de xeito lúdico e divertido repasar os contidos traballados. Clicade na imaxe para acceder a eles.

luns, 15 de xuño de 2020

Axudas ás familias con nenos/as de ata 12 anos para a conciliación (Bono Coidado Extraordinario)

Dende o 13 de xuño e ata o 13 de xullo de 2020, na sede electrónica da Xunta de Galicia, pódese solicitar as Axudas ás familias con nenos/as de ata 12 anos para a conciliación na situación xerada pola covid-19 a través do programa Bono Coidado Extraordinario.
Estas axudas van dirixidas a:
  • Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio
  • Contratación (ou ampliación de contrato) laboral dunha persoa empregada do fogar destinada ao coidado dos cativos/as.
  • Pasar a situación de excedencia por coidado dos fillos/as, ou redución de xornad
Requisitos:
  1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado extraordinario os/as pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as de ata doce anos de idade residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
    1. Ter unha nena ou un neno nacida/ou con posterioridade ao 31 de agosto de 2007.
    2. Ambos proxenitores, ou o único no caso de familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, traballando. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.
    3. Ter uns salarios netos da unidade familiar da última mensualidade respecto do momento de presentación da solicitude, detraíndo o prorrateo da paga extraordinaria se ha houber, ou os rendementos netos da unidade familiar no caso de persoas traballadoras autónomas, non superen os 2.500 euros ou, de superalos, non sexan superiores aos 806 euros per cápita.
  2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para tramitala e para solicitar e obter máis información clicade na imaxe:









venres, 12 de xuño de 2020

REFLEXIÓNS. O PENSAMENTO LATERAL

Adrián Paenza, matemático, da man de BBVA, fainos reflexionar, dende o meu punto de vista, dun xeito sublime sobre o pensamento lateral e a reflexión, a necesidade de dubidar. Reflexionemos sempre. Tedes tamén a versión completa, que está máis que recomendada pola miña parte.

martes, 9 de xuño de 2020

PAUTAS EDUCATIVAS PARA AS FAMILIAS

Bo día familias:

Achégovos un bo recurso de familiaycole, onde podedes atopar folletos con pautas básicas cos cativos e cativas que poden axudar na crianza e evitar problemas no futuro. Penso que sería boa idea botarlle un ollo, xa que ás veces non é doado controlar a conduta dos nosos nenos/as aínda que cada caso é individual, e debe analizarse e traballarse adaptándonos ás características dos pequenos, non está de máis ter unhas pautas xerais de intervención.

luns, 8 de xuño de 2020

CALIGRAFÍA CREATIVA

Moitos nenos e nenas precisan mellorar a súa caligrafía pero ás veces resúltalles difícil, isto pode ser por varios motivos, mais a desmotivación e o aburimento adoitan ser o motivo principal. A parte dos cadernos Rubio de toda a vida, descubrín hai pouco, estes novos cadernos de caligrafía, non tan enfocados a comezar a escribir mais sí que poden ser un recurso para traballar a grafía dun xeito máis divertido e motivante en nenos e nenas máis maiores que arrastran problemas dende cativos/as, ou para aprender novas técnicas e lettering, unha técnica divertida e outro enfoque de escritura para todos e todas.