Páginas

sábado, 16 de febreiro de 2019

O recuncho Snoezlen de AL

A aula de Audición e Linguaxe (AL) é un espazo no que o alumnado con dificultades de orixe comunicativo e/ou lingüístico desenvolve o seu traballo. 

Para o presente curso escolar pretendeuse realizar algún cambio coa intención de facer máis atractivas as sesións. Para iso, reestruturouse a aula creando diferentes recunchos de actividade. Un deles é o recuncho Snoezlen, un espazo destinado á experiencia multisensorial que pretende favorecer a relaxación e a sensación de libertade. 

Neste espazo o alumnado realiza experiencias libres a través da vista (con diferentes luces), do olfato (con diferentes ambientadores ou velas), do tacto (con texturas diversas) ou mesmo do oído. Este é un dos momentos nos que se aproveita para realizar certas actividades de discriminación auditiva ou fonolóxica cos máis pequenos. 

Pero como unha imaxe é mellor que mil palabras, aquí vos quedan unhas cantas fotografías do espazo multisensorial do noso centro. Agardamos que vos guste tanto como lle está a gustar ao alumnado!










Ningún comentario:

Publicar un comentario