Páginas

mércores, 6 de febreiro de 2019

Materiais para a aula ordinaria: CAIXA QUE FAGO AGORA?


A especialista en Pedagoxía Terapéutica, Alba, entra nas aulas ordinarias do Colexio para apoiar ao acneae que o precise, e para isto elabora materiais que axudan a organizar e controlar positivamente a aula. 
O material que vos presenta pode servirvos de axuda ou inspiración para elaborar outros materiais. A continuación volo explica: 

É habitual atoparnos con discentes que rematan moi rápido as tarefas e logo distorsionan o ritmo normal da aula. Deste xeito, podemos introducir unha caixa dentro da aula coa frase: Que fago agora?



Dentro dela meteremos frases curtas con actividades que os motiven, por exemplo: fai un crebacabezas, aprende un trabalinguas e cóntallo aos teus compañeiros e compañeiras, fai unha sopa de letras, axuda a outro neno ou nena, xoga con plastilina, le un conto, xoga co dominó, entre outras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario