Páginas

luns, 20 de abril de 2020

TÉCNICAS DE ESTUDO II: PLANIFICACIÓN

O éxito nos estudos depende en grande medida e como punto de partida dunha boa PLANFICACIÓN que permite obter mellores resultados e facer máis levadeiros os estudos, evitando os temidos momentos de agobio.
PLANIFICAR é organizar o estudo e para iso compre preguntarse:
  • Que material teño que dominar perfectamente de cara os exames
  • Canto tempo teño
Pero o tempo é difícil de controlar e facilmente se desperdicia noutras tarefas. As principais dificultades para aproveitar o tempo adoitan ser:
  1. Iniciar o estudo. Abrir os libros e comezar a estudar prestando atención
  2. Comezar varias áreas á vez, pasando dunha a outra sen profundizar en ningunha
  3. O lugar onde estudamos: exceso de estímulos, temperatura, distractores....
  4. Pensar que co que escoitamos na aula chega para aprobar
  5. Deixar a preparación para os exames para o último momento
  6. Non utilizar axendas

Mais estas dificultades teñen arranxo. O primeiro que debemos facer é o cuestionario de hábitos de estudo...é dicir, reflexionar sobre a nosa metodoloxía de estudo e analizar os nosos puntos débiles. Saber cando e onde malgastamos o tempo é importante para corrixilo.

Logo dunha valoración REAL de como e en qué tarefas invirtes o teu tempo, é momento de facer un horario cunha distribución do tempo de estudo en cada área:


Horas
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
SÁBADO
DOMINGO

















































































CONSELLOS
  • É recomendable utilizar unha axenda para ir anotando os repasos, exames, actividades e ir riscando e controlando os prazos previstos no plan de estudos
  • O traballo hai que facelo para cada unha das áreas
  • Sinalar as datas estimadas dos exames a principio de curso
  • Planifica o horario de cada semana e de cada día, tentando cumprir o plan que marcaches
  • Fai a túa organización pública. Así a túa familia e amigos/as axudaranche a levalos a cabo
  • Pon o horario nun lugar visible
  • O horario ten que ser realista e que o poidan cumprir
  • O horario debe ser equilibrado: con tempos de descanso. Uns 5 minutos de descanso cada 30 minutos. Non alongues os tempos de descanso.
  • Alterna áreas entre as ciencias, as matemáticas e as linguas. Non estudes xuntas asignaturas parecidas.
  • Fai as actividades máis rutinarias cara o principio e deixa para o final o estudo e a memorización
  • O tempo recomendado de estudo pode variar dependendo do curso e a época do curso escolar entre 30 minutos e 2 horas diarias.
  • Durme e come equilibrado. Axudarache a estar máis concentrado.
  • Estuda sempre no mesmo sitio. Procura que haxa silencio, boa luz, cadeira cómoda, que todo o material o teñan a man, que a temperatura sexa axeitada e que non existan estímulos distractores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario