luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


Celebración do Día da Paz no CEIP Xoaquín Loriga

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase 

o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

recoñecido pola UNESCO en 1993.

Resultado de imagen de gandhi

"Lo que se obtiene con violencia, solamente se puede mantener con violencia. Si vamos a enseñar el significado de la verdadera paz en este mundo, y si vamos a insistir en continuar una guerra en contra de la guerra, tendremos que empezar por los niños"


venres, 27 de xaneiro de 2017

Curtametraxe: El regalo

El regalo é unha curtametraxe que trata sobre a importancia do amor propio e de valorar as cousas sinxelas que temos nesta vida.

Invítote a que o vexas e reflexiones sobre o sentido da vida
¡Paga a pena!




luns, 16 de xaneiro de 2017

"Blue Monday"


Coñecido o día 16 de xaneiro como o "día máis triste do ano"

Transformemos a tristeza

en ALEGRÍA
Démoslle a volta ás cousas, pensemos en positivo, vexamos o lado bo do que nos pasa e que si se ten un día malo nós podemos facer que sexa mellor. Alcanzar a felicidade consiste en cambiar a actitude coa que nos enfrontamos á vida. 

venres, 13 de xaneiro de 2017

PRESENTACIÓN

O Departamento de Orientación destes centros está organizado do seguinte xeito:
  • Centro Base: CEIP Xoaquín loriga de Prado
  • Centro Adscrito: CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio
  • Centro Compartido: CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozó 
Neste blog atoparedes información de varios eidos, que agardo sexan do voso interese. Por un lado están as entradas centrais onde iredes atopando información xeral ou específica dependendo o caso, e por outro están as páxinas (situadas na parte superior debaixo do título, organizadas por lapelas en cor branca e maiúsculas). ahí poderedes atopar:
  • PRESENTACIÓN: Guía do Blog e presentación e obxectivo deste
  • HORARIO DO DEPARTAMENTO: Horario de atención á comunidade educativa nos tres centros que atende o departamento
  • CONTACTO: como contactar co Departamento
  • DOCUMENTOS: Documentos de interese para a comunidade educativa relacionados co departamento
  • PROBAS PSICOMÉTRICAS: Resumo das probas psicométricas que utilizo para avaliar ao alumnado, ireinas aumentando a medida que as vaia precisando
  • FAMILIAS: Recursos xerais, axudas, bolsas, información de interese
  • RECURSOS PARA A AULA: Materiais e recursos para a aula e material de reforzo
  • EDUCACIÓN EMOCIONAL: Materiais e recursos para traballar a educación emocional en todos os ámbitos
  • AUDICIÓN E LINGUAXE: Actividades e enlaces relacionadas coa Audición e Linguaxe. Poden axudar ao alumnado que saia durante o curso escolar á aula de AL
  • PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: Actividades e enlaces relacionadas coa Pedagoxía Terapéutica. Poden ser útiles para o alumnado que saia durante o curso escolar á aula de PT
  • DIVERSIDADE FUNCIONAL: Actividades e recursos máìs específicos para o alumnado con máis necesidades e/ou Adaptacións Curriculares
  • ALTAS CAPACIDADES: Enlaces e recursos para o alumnado con Altas capacidades
O resto podedes navegar polo Blog nas xanelas da dereita e poderedes atopar información interesante.

Bo curso a todos e todas!